A Asociación Comarcal de Empresarios (ACE) é unha organización independente que ten como finalidade principal a representación, defensa e promoción dos intereses económicos, sociais, profesionais e culturais dos empresarios e autónomos da Estrada e arredores. Nada fai máis de corenta anos, é unha das asociacións de empresarios máis antigas da nosa comunidade autónoma. O primeiro dirixente da ACE foi D. Jesús José Fernández Novoa Rodríguez, que cesou no seu cargo en 1971 ao presentarse como candidato á alcaldía da Estrada. A el relevouno, D. Alfonso Varela Vázquez que estivo á fronte durante 25 anos, ata que en 1994, D. Gonzalo Figueiras tomou as rendas do colectivo.
Na actualidade, a xunta directiva foi elixida na asemblea xeral extraordinaria celebrada o día 16 de maio de 2017 e está integrada por 12 membros, todos eles con negocios propios na zona.
No deseño deste equipo están representados o maior número de sectores económicos posibles, aínda que tamén é necesario destacar a ilusión e ganas de traballar por un futuro mellor para todos os empresarios da comarca.
Membro | Cargo |
---|---|
D. Fernándo Martínez Barreiro | Presidente |
D. Alejandro Valladares Durán | Vicepresidente |
D. Alfonso Uzal Montero | Secretario |
Dña. Estefanía Rozados Guerra | Tesoreira |
D. Diego Campos Vigo | Vocal |
D. Jesús Cerviño Pernas | Vocal |
Dña. Lydia Fontela Iglesias | Vocal |
D. Iván Lorenzo Rodríguez | Vocal |
D. Víctor Louzao Valiñas | Vocal |
D. Isidro Pernas Rodríguez | Vocal |
Dña. Susana Perol Caldelas | Vocal |
D. José Luis Terceiro Carracedo | Vocal |
A asociación agrupa a máis de 400 afiliados, que desenvolven a súa actividade en subsectores, pertencendo a maioría deles a áreas de comercio, hostalería, servizos e construción. O obxectivo fundamental da ACE é amparar os dereitos, en todos os ámbitos, dos empresarios. Tamén promocionar e revitalizar os sectores mediante a mellora e a modernización dos mesmos co fin de conseguir unha calidade óptima dos seus servizos; a creación de oportunidades entre socios; o fomento e desenvolvemento dun tecido empresarial; a representación dos empresarios estradenses e da zona nas institucións gobernamentais; a prestación de servizos propios como o emprego, formación, tramitación de subvencións, información e consultas, convenios e goce das instalacións; e a colaboración e contacto con todas as organizacións precisas en busca do mellor para o empresario.
Al continuar utilizando nuestro sitio web, usted acepta el uso de cookies. Más información
Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra POLÍTICA DE COOKIES, pinche el enlace para mayor información. Además puede consultar nuestro AVISO LEGAL y nuestra página de POLÍTICA DE PRIVACIDAD.